viernes, 22 de febrero de 2008

CONFERENCIA INFORMATIVA CONCELLO TOQUES

O víndeiro día 26 de febreiro ás 21 horas a Asociación de Troiteiros Río Furelos no restaurante Xaneiro Vello ( A Bragaña-Toques) terá lugar unha charla informativa sobre a Problemática e estado actual e futuro do Couto do río Furelos na que se informará ó colectivo de pescadores de tódalas dudas que teñan, sobre todo aos que non forman parte da Asociación de Troiteiros Río Furelos, pois son os máis necesitados de información, por carecer de quen lles informe fielmente, e así poder lograr que pouco a pouco entre todos que o río Furelos recobre o explendor que lle corresponde.
Falarán Xavier Pazo e Xan Pérez , presidente e vocal de medioambiente da Asociación de Troiteiros Río Furelos.

viernes, 15 de febrero de 2008

CAMPAÑA DEFENSA MEDIO AMBIENTE. " DESASTRE RÍO CATASOL"

A Asociación de Troiteiros Río Furelos, remata coa intensa campaña de concienciación medioambiental cun último acto no CEIP nº 1 de Melide. Recordar que esta campaña iniciouse no mes de novembro de 2007 cunha exposición fotográfica acompañada dunha charla e do vídeo do desastre do río Catasol no Multiusos de Melide, seguida dunha exposición fotográfica en grandes paneis con máis de 200 fotográfias ó aire libre nas rúas e prazas de Melide. Continuou a campaña de concienciación medioambiental nos colexios de ensino CEIP nº 2 Martagona, CEIP nº 3 Mestre Pastor Barral e remata o día 14 de febreiro de 2008 no CEIP nº 1 de Melide, despois da exposición fotográfica pertinente, proxectáronse os documentos audiovisuais das Xornadas de Limpeza e do Desastre do río Catasol. Os alumnos fan as preguntas pertinentes, interesándose sobretodo polas causas e consecuencias do mesmo e mostran gran interés en poder colaborar para erradicar entre todos esta lacra de vertidos e contaminación de todo tipo.

Nesta ocasión, a charla foi levada a cabo polo vocal de medioambiente Xan Pérez e polo vicesecretario Carlos Lamas, que mostrarón unha vez máis a súa sorpresa pola gran acollida que tiveron por todos.

Xavier Pazo, presidente da Asociación de Troiteiros Río Furelos, agradece a colaboración, interés e implicación mostrado polo alumnado, mestres e empresas colaboradoras.

www.riofurelos.es

asociaciontroiteiros@gmail.com

Tel.696607348

domingo, 27 de enero de 2008

Campaña Defensa Medio Ambiente

A Asociación de Troiteiros Río Furelos conciencia ós escolares tralo desastre ecolóxico do río Catasol.
O desastre ecolóxico do río Catasol, ocurrido no mes de setembro pasado e que se saldóu con máis de 4000 troitas mortas, fai que a asociación de Troiteiros Río Furelos escomence unha campaña de conciencición medioambiental superactiva.
Os escolares do concello de Melide son os principais receptores da mesma e despois de pasar polo colexio Martagona, tocoulles o turno os do nº 3 Mestre Pastor Barral, que asistiron a proxección de dous documentos audiovisuais, documentais que trataron sobre a campaña de limpeza feita no pasado vrán nos ríos Martagona e Furelos e sobre a recollida, medida etc. de troitas mortas no río Catasol como consecuencia do vertido de purín procedente dunha granxa de porcino. Os escolares mostrarón gran interés en participar en futuras campañas organizadas pola asociación de Troiteiros e tamén polas causas e consecuencias deste desastre ecolóxico.
A charla estivo protoganizada polos directivos da Asociación de Troiteiros Río Furelos Vicepresidente Xurxo Pazo e polo Vocal de Medioambiente Xan Pérez que responderón as innumerables preguntas dos rapaces.
Xabier Pazo, Presidente da Asociación de Troiteiros Río Furelos, agradece a implicación do profesorado no desenrrolo desta campaña de concienciación medioambiental que están levando a cabo no concello de Melide.