viernes, 22 de febrero de 2008

CONFERENCIA INFORMATIVA CONCELLO TOQUES

O víndeiro día 26 de febreiro ás 21 horas a Asociación de Troiteiros Río Furelos no restaurante Xaneiro Vello ( A Bragaña-Toques) terá lugar unha charla informativa sobre a Problemática e estado actual e futuro do Couto do río Furelos na que se informará ó colectivo de pescadores de tódalas dudas que teñan, sobre todo aos que non forman parte da Asociación de Troiteiros Río Furelos, pois son os máis necesitados de información, por carecer de quen lles informe fielmente, e así poder lograr que pouco a pouco entre todos que o río Furelos recobre o explendor que lle corresponde.
Falarán Xavier Pazo e Xan Pérez , presidente e vocal de medioambiente da Asociación de Troiteiros Río Furelos.

viernes, 15 de febrero de 2008

CAMPAÑA DEFENSA MEDIO AMBIENTE. " DESASTRE RÍO CATASOL"

A Asociación de Troiteiros Río Furelos, remata coa intensa campaña de concienciación medioambiental cun último acto no CEIP nº 1 de Melide. Recordar que esta campaña iniciouse no mes de novembro de 2007 cunha exposición fotográfica acompañada dunha charla e do vídeo do desastre do río Catasol no Multiusos de Melide, seguida dunha exposición fotográfica en grandes paneis con máis de 200 fotográfias ó aire libre nas rúas e prazas de Melide. Continuou a campaña de concienciación medioambiental nos colexios de ensino CEIP nº 2 Martagona, CEIP nº 3 Mestre Pastor Barral e remata o día 14 de febreiro de 2008 no CEIP nº 1 de Melide, despois da exposición fotográfica pertinente, proxectáronse os documentos audiovisuais das Xornadas de Limpeza e do Desastre do río Catasol. Os alumnos fan as preguntas pertinentes, interesándose sobretodo polas causas e consecuencias do mesmo e mostran gran interés en poder colaborar para erradicar entre todos esta lacra de vertidos e contaminación de todo tipo.

Nesta ocasión, a charla foi levada a cabo polo vocal de medioambiente Xan Pérez e polo vicesecretario Carlos Lamas, que mostrarón unha vez máis a súa sorpresa pola gran acollida que tiveron por todos.

Xavier Pazo, presidente da Asociación de Troiteiros Río Furelos, agradece a colaboración, interés e implicación mostrado polo alumnado, mestres e empresas colaboradoras.

www.riofurelos.es

asociaciontroiteiros@gmail.com

Tel.696607348